¡FELIZ DÍA DA VIRXE MILAGROSA!

Con motivo da festa da Milagrosa, reunímonos na capela do colexio para realizar unha celebración onde os nenos e nenas de infantil escoitaron con moita atención a historia da aparición da Virxe Milagrosa, e o porqué da súa representación.

Mirade qué atentos estaban:

Alí saudamos e rezamos á Virxe, dándolle as grazas por coidar de nós e pedíndolle que nos siga axudando a ser mellores cada día.

Logo da reflexión, os nenos e nenas recibiron a Medalla da Virxe Milagrosa da mán das súas titoras:

Mirade qué contentos estaban:

E, para rematar ensinámosvos tódolos traballos que os nenos e nenas realizaron durante a pasada semana para celebrar este día. Qué ben lles quedaron!

 

O MAGOSTO

Como cada ano celebramos o magosto no colexio cunha gran festa na que mestres e alumnos desfrutaron a tarde do xoves, e que continuou coa celebración da Gincana de Xogos Populares o venres.

Para a celebración do magosto os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron unha gran actuación na que chamaban a todos a participar desta tradicional festa do outono galego. Mirade qué ben o fixeron:

Os nenos e nenas de Educación Infantil viñan preparados para a ocasión, lucindo as súas mellores galas vestidos de labregos, castañeiras…

 

Ademáis da festa, durante os dias anteriores falamos do seu significado, dos valores que trae consigo e, polo tanto, os nosos alumnos realizaron grandes creacións para celebrar esta festividade, pasamos agora a ensinarvos algúns dos “traballos” que realizaron sobre o Magosto:

                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E, como broche final de festa, despois de tódalas actuacións do diferentes cursos, tódolos mestres e alumnos do colexio quixemos bailar xuntos no patio, como mostra de cooperación, traballo en equipo e axuda mutua que fai posible o bon clima e bon facer do Centro. Mirade qué bonita estampa:

Finalmente, ó día seguinte tocaba realizar a Gincana de Xogos Populares que, como podedes ver nesta pequena mostra de fotografías que seleccionamos, resultou ser un éxito!